Quen Somos
CENTRO DIA
Pescadoira é un servizo de atención a persoas maiores e/ou dependentes que consta dun Centro de Día cunha unidade de especialización en Alzheimer e outras demencias, unidades terapéuticas de memoria e axuda a domicilio en Bueu na provincia de Pontevedra
MISIÓN:
A nosa misión é ofrecer unha atención personalizada e de calidade ás necesidades e demandas das persoas maiores e ás súas familias en funcióndas súas capacidades e as súas propias decisións para lograr mellorar a súa calidade de vida persoal, social e familiar.
VISIÓN:
Queremos ser unha empresa en mellora permanente para chegar a ser un referente na prestación de servizos de calidade para persoas maiores e as súas familias.
VALORES:
A MELLORA CONTINUA: Orientada a dar os mellores servizos de calidade.
FORMACIÓN: Formación permanente e innovación en métodos e técnicas.
COMPROMISO ÉTICO: Garántese un trato digno e respectuoso cara ás persoas e o seu dereito a recibir servizos de calidade.
TRABALLO EN EQUIPO: Traballo en equipo e participación (profesionais e familias) para lograr obxectivos comúns.
SER UN REFERENTE: Ser un referente do bo facer para lograr unha maior sensibilización no proceso de avellentamento activo.
A NOSA METODOLOXÍA;
O método Pescadoira combina as condicións axeitadas do ambiente físico e profesional coas intervencións nas que se pon no centro á persoa. Defendendo a autodeterminación, o respecto aos proxectos de vida e ás preferencias das persoas usuarias de noso servizos.
O devandito método está baseado en:
ATENCIÓN CENTRADA NA PERSOA:
Trátase dunha metodoloxía centrada nas capacidades e habilidades, non nos déficits e necesidades.
Así pois, é importante coñecer á persoa e proporcionarlle os soportes e estratexias axeitadas que fomenten a súa participación activa na toma de decisións que teñen que ver coa súa vida cotiá. Para lograr esta finalidade é importante unha estreita colaboración entre os profesionais, os usuarios e a familia.
Tamén consideramos fundamental a recompilación da súa biografía, preferencia e gustos, no que se terá moi en conta o mundo do mar como estratexia de vinculación das persoas co medio no que viven.
Deste xeito proporcionaranse estratexias e ferramentas que fomenten a autodeterminación do usuario.
HOUSING:
Preténdese que a atención no centro se asemelle o máis posible ao concepto de fogar. A idea non é outra que vivir «fora da casa, pero como na casa».
Un modo de vida parecido ao fogar e unha abordaxe terapéutica dende a realización das actividades cotiás e significativas para a persoa.
Así pois, para lograr un maior benestar na persoa, outórgaselle importancia ás actividades cotiás e significativas.
O significativo está en relación, en primeiro lugar, co que a cada persoa lle importa ou lle interesa.
Isto, á súa vez, depende da historia persoal, dos hábitos e experiencias previas, das motivacións construídas ao longo do tempo, pero tamén de como os profesionais sexamos capaces de presentar novas propostas e xerar novos intereses.
Os usuarios poderán traer pertenzas que sexan especialmente importantes para el, para construír un «fogar propio e significativo». Estes obxectos cumpren importantes funcións, tales como proporcionar seguridade á persoa, acompañala, favorecer a súa orientación ou reforzar o sentido de identidade e continuidade coa súa vida.