Quen Somos

CENTRO DIA

Pescadoira é un servizo de atención a persoas maiores e/ou dependentes que consta dun Centro de Día cunha unidade de especialización en Alzheimer e outras demencias, unidades   terapéuticas de memoria e axuda a domicilio en Bueu na provincia de Pontevedra

MISIÓN:

A nosa misión é ofrecer unha atención personalizada e de calidade ás  necesidades e demandas das persoas maiores e ás súas familias en funcióndas súas capacidades e as súas propias decisións para lograr mellorar a   súa calidade de vida persoal, social e familiar.

VISIÓN:

Queremos ser unha empresa en mellora permanente para chegar a ser un  referente na prestación de servizos de calidade para persoas maiores e as súas familias.

VALORES:

A MELLORA CONTINUA: Orientada a dar os mellores servizos de  calidade.

FORMACIÓN: Formación permanente e innovación en métodos e técnicas.

COMPROMISO ÉTICO: Garántese un trato digno e respectuoso cara ás  persoas e o seu dereito a recibir servizos de  calidade.

TRABALLO EN EQUIPO: Traballo en equipo e participación  (profesionais e familias) para lograr obxectivos  comúns.

SER UN REFERENTE: Ser un referente do bo facer para lograr unha  maior sensibilización no proceso de avellentamento  activo.

A NOSA METODOLOXÍA;

O método Pescadoira combina as condicións axeitadas do ambiente físico e profesional coas intervencións nas que se pon no centro á persoa. Defendendo a autodeterminación, o respecto aos proxectos de vida e ás preferencias das persoas usuarias de noso servizos.

O devandito método está baseado en:

ATENCIÓN CENTRADA NA PERSOA:

Trátase dunha metodoloxía centrada nas capacidades e habilidades, non nos déficits e necesidades.

Así pois, é importante coñecer á persoa e proporcionarlle os soportes e  estratexias axeitadas que fomenten a súa participación activa na toma  de decisións que teñen que ver coa súa vida cotiá. Para lograr esta finalidade é importante unha estreita colaboración entre os profesionais, os usuarios e a familia.

Tamén consideramos fundamental a recompilación da súa biografía, preferencia e gustos, no que se terá moi en conta o mundo do mar como estratexia de vinculación das persoas co medio no que viven.

Deste xeito proporcionaranse estratexias e ferramentas que fomenten a  autodeterminación do usuario.

HOUSING:

Preténdese que a atención no centro se asemelle o máis posible ao  concepto de fogar. A idea non é outra que vivir «fora da casa, pero como na casa».

Un modo de vida parecido ao fogar e unha abordaxe terapéutica dende a realización das actividades cotiás e significativas para a persoa.

Así pois, para lograr un maior benestar na persoa, outórgaselle importancia ás actividades cotiás e significativas.

O significativo está en relación, en primeiro lugar, co que a cada persoa lle importa ou lle interesa.

Isto, á súa vez, depende da historia persoal, dos hábitos e experiencias previas, das motivacións construídas ao longo do tempo, pero tamén de como os profesionais sexamos capaces de presentar novas propostas e xerar novos intereses.

Os usuarios poderán traer pertenzas que sexan especialmente importantes  para el, para construír un «fogar propio e significativo». Estes obxectos cumpren importantes funcións, tales como proporcionar seguridade á persoa, acompañala, favorecer a súa orientación ou reforzar o sentido de identidade e continuidade coa súa vida.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies